Restaurante Benedita Elisa
Nas inmediacións do mercado de abastos de Santiago de Compostela nace Benedita Elisa, un espazo deseñado para gozar da gastronomía feita a base dos produtos que ofrece a nosa contorna. Elaboramos pratos con mimo nos que mesturamos tradición e innovación para crear un recordo prezado.
Benedita Elisa é dirixido polos seus propietarios e cociñeiros Brisa Medina e Carlos Insua.
A paixón polo seu traballo e o amor foron os principais ingredientes para crear este espazo íntimo e familiar.
A mellor carta
En Benedita Elisa desexamos que cada xantar sexa unha experiencia diferente. Recendos que sexan capaces de levarte á infancia ou, directamente, ao futuro. Combinamos tradición e modernidade con produtos da comarca e innovadoras técnicas. Queres probar?
Atopa o teu viño
A cociña é coma a vida, está chea de elementos complementarios: o sal e o azucre, a precisión e o bo ollo, agardar con paciencia e bulir. En Benedita Elisa pensamos que un bo prato ten que ir acompañado polo mellor viño. Procuramos que a copa encaixe á perfección có menú, formando unha parella única.
Coñece o local
Construímos un espazo propio pensando nos pequenos detalles, ao igual que nos nosos pratos. Queremos xogar mostrando as nosas cartas: a pedra á vista e unha cociña aberta para ensinar que hai detrás de cada menú. Sabemos pór cor na mesa, mais con sinxeleza.
Onde estamos
Praza do Matadoiro 1, Santiago de Compostela
O noso horario
Luns, xoves, venres, sábados e domingos:
13:30-16:30
21:00-00:30
Pechamos os martes e os mércores.
Guía Repsol